NOVAS
Tapias 10, o top de Adegas Tapias Mariñán 04-07-2011
A adega Tapias Mariñán da D.O. galega Monterrei ven de sacar ao mercado un novo viño: Tapias 10. Trátase dun mencía barrica do 2009 do que se envasaron 6.615 botellas numeradas. Para a elaboración deste novo viño utilizáronse uvas seleccionadas das cepas máis vellas da finca As Tapias.
O viño, que pasou 9 meses en barrica de carballo francés, reúne todas as condicións dun gran viño: cor vermella-granate con ribete violáceo, limpo, transparente e brillante; en nariz amósase o bo ensamblado entre madeira e froita vermella, con notas vexetais de cacao e café, notas especiadas e balsámicas; en boca temos un viño carnoso de estrutura media, glicérico, con bo paso de boca, un viño maduro e ben pulido con lixeiros toques de mineralidade e de largo gusto. Tapias 10 é a primeira proposta da adega en viños de crianza; os resultados son moi satisfactorios e agardamos ter o respaldo do consumidor cun produto que elaboramos e tratamos coa maior exclusividade.
A adega xa atendeu pedidos de Tapias 10 para Madrid e Cataluña e nos vindeiros días poderase atopar en Galicia e noutros puntos da xeografía española.
Adegas Tapias Mariñán saca ao mercado esta nova proposta nun momento no que as ventas dos seu viños do ano están funcionando moi ben. No pasado ano venderon toda a produción e a estas alturas de ano triplicáronse as ventas con respecto ao 2010, tanto a nivel nacional como internacional.
A demanda dos viños de Tapias Mariñán fixo que as instalacións da adega veñan de sufrir unha ampliación, agora abárcase toda a capacidade da adega, chegando aos 650.000 litros a finais deste mes.
O traballo na adega e na viña está dando os seus froitos non soamentes a través das ventas, senón con recoñecementos internacionais. Dos Decanter World Wine Awards trouxémonos un bronce para Quinta das Tapias (treixadura) e unha mención especial para Pazo de Mariñán (branco).
Gallaecia 01-09-2008
Distinción Gallaecia, Pazo de Mariñán 07.
XX Cata dos viños de Galicia 24-06-2008
En el concurso de la XX Cata de los vinos de Galicia celebrada en Monforte de Lemos del 24 al 26 de junio, la Consellería do Medio Rural otorga a Quinta das Tapias, Bodega Tapias Mariñán el 6º puesto y Diploma de Honor de la D.O. Monterrei.
XX Cata dos viños de Galicia 24-06-2008
No concurso da XX Cata dos Viños de Galicia celebrada en Monforte de Lemos del 24 al 26 de junio, la Consellería do Medio Rural otorga a Quinta das Tapias, Adega Tapias Mariñán el 6º posto y Diploma de Honra da D.O. Monterrei.
La región 18-08-2007
Galegos residentes en Barcelona aproveitan a súa "xuntanza" para inaugurar unha adega.
Máis de 400 persoas acudiron á festa que se desenvolveu nas instalacións de "Tapias de Mariñán".